¿¡Unas ruinas romanas de mentira!?

En mi visita al Palacio de Schönbrunn en Viena pude descubrir un montón de rincones mágicos.

¿Dentro del propio palacio?

Claro que no. Ciertamente el interior no es para un poni dicharachero y lleno de ganas de trotar y disfrutar como yo. A mí lo que me sedujo del lugar fue recorrer sus bellos jardines.

¡Y qué jardines!

…………………………………………

Na miña visita ao Pazo de Schönbrunn en Viena puiden descubrir un montón de recunchos máxicos. 

Dentro do propio pazo?

Claro que non. Certamente o interior non é para un poni falangueiro e cheo de ganas de trotar e desfrutar coma min. Certamente o que me seduciu foi percorrer os seus fermosos xardíns.

E que xardíns!

Ponypolomundo_Palacio de Schönbrunn_jardines

Total, que así lo hice. En cuanto tuve ocasión, me lancé a la aventura y escapé de la zona principal del palacio para indagar un poco en sus misteriosos alrededores. Todo vestía una grandilocuencia espectacular a pesar del día de lluvia que acompañaba.

Me lancé a trotar y trotar por cada recoveco.

Primero inspeccionando los alrededores del edificio, y después, al divisar en lo más alto una estructura que me recordó mucho al Monte Olimpo, decicí caminar por un largo pasaje de estatuas, que también sugerían una mezcla de mitología y antigüedad clásica.

……………………………………………

Total, que así o fixen. En canto tiven ocasión, lanceime á aventura e fuxín da zona principal do pazo para indagar un pouco nos seus misteriosos arredores. Todo vestía dunha grandilocuencia espectacular a pesar do día de choiva que acompañaba.

Alá fun a trotar e trotar por cada recunchiño.

Primeiro inspeccionando os arredores do edificio, e despois, ao divisar no máis alto unha estrutura que me lembrou moito ao Monte Olimpo, decidín camiñar por unha longa pasaxe de estatuas, que tamén suxerían unha mestura de mitoloxía e antigüedade clásica. 

Ponypolomundo_Medusa_Palacio de Schönbrunn

Poco a poco el camino se fue empinando más y más. Quedaba un largo trecho hasta el punto más alto, en la Glorieta, para mi la casa de los dioses griegos. 😉

No podéis ni imaginar mi sensación al llegar al punto más alto. Aquellas vistas, mezcladas con la brisa y la lluvia en las crines me proporcionaron una inmensa sensación de libertad. La visión del palacio desde aquel punto estratégico resultaba un regalo.

…………………………………………………………

Pouco a pouco o camiño foise empinando máis e máis. Quedaba un longo treito até o punto máis alto, na Glorieta, para min a casa dos deuses gregos. 😉

Non podedes nin imaxinar a miña sensación ao chegar ao punto máis alto. Aquelas vistas, mesturadas coa brisa e a chuvia nas crinas proporcionáronme unha inmensa sensación de liberdade. A visión do palacio dende aquel punto estratéxico resultaba un agasallo.

Ponypolomundo_Glorieta_Palacio de Schönbrunn

Después de disfrutar largo y tendido de aquel momento delicioso emprendí la bajada, con intención de volver nuevamente al punto de inicio, o encontrar un atajo, que los había, que me llevase a una salida cerca de la boca del metro.

Al iniciar el descenso, arropado con mi chubasquero…

INCISO:  Sí, llevo fatal el agua de la lluvia. Se me encrespan mucho los pelos de la cola y la cabeza y luego están imposibles. A la vista está en las fotos.
Pues eso, que al emprender la aventura cuesta abajo pude descubrir en medio de aquel inmenso “bosque/jardín” un montón de sorpresas escondidas entre el verdor.
Entre ellas, para mi sorpresa, aparecieron ante mi unas espléndidas ruinas romanas.
……………………………………
Despois de desfrutar longo e tendido de aquel momento delicioso emprendín a baixada, con intención de voltar novamente ao punto de inicio, ou atopar un atallo, que os había, que me levase até unha saída preto da boca do metro.
Ao iniciar o descenso, arroupado co meu chubasqueiro…
INCISO: Si, levo fatal a chuvia. Encréspanse moito os pelos do rabo e máis da cabeza e logo andan imposibles. Á vista está nas fotos.
Pois iso, que ao emprender a aventura costa abaixo puiden atopar no medio daquela inmensa “fraga/xardín” un montón de sorpresas agochadas no medio do verdor.

Ponypolomundo_Ruínas_Romanas_Palacio de Schönbrunn

A ver, sí. Ya se que en el título del post os hice un spoiler como una catedral, pero por ser falsas no resultaron menos impactantes, qué queréis que os diga.

El tema fue que cuando me las encontré de sopetón yo no sabía que eran falsas. Ni tan siquiera sabía que ma iba a encontrar semejante cosa ahí, en medio de los jardines de un palacio.

¿Impresionantes verdad? Pues atención a la historia.

Al parecer en el S. XVIII se puso de moda en Inglaterra la cosa esta de contruir ruinas prefabricadas. Y se estilaba hacerse contruir un “Partenón de Atenas”, por ejemplo, en el salón de casa, en el baño, o en el jardincito de atrás. 😛

……………………………….

A ver, si. Xa sei que vos fixen no título do post un spoiler do tamaño dunha catedral, pero por ser falsas non resultaron menos impactantes, que queredes que vos diga.

O lerio foi que cando as atopei de súpeto eu non sabía que eran falsas. Nin tan sequera sabía que ía atopar semellante cousa ahí, no medio dos xardíns dun pazo.

Éche ben impactante, verdade? Pois atención á historia.

Ao parecer no S. XVIII estivo na moda en Inglaterra a cousa esta de construir ruinas prefabricadas. E estilaba o de se facer contruir un “Partenón de Atenas”, por exemplo, no salón da casa, e no baño, e no xardinciño de atrás. 😛

IMG_20190902_142012Ponypolomundo_Ruínas_Romanas2_Palacio de Schönbrunn

Total, que estas ruínas, fueron encargadas por el kaiser y construidas en el 1778 por Johann Ferdinand Hetzendorf von Hohenberg, que creó una estructura nueva basándose, como es lógico, en un modelo ya existente.

Es algo muy curioso, ¿no os parece?

Los alrededores de este palacio son visita obligada. Y por supuesto para finalizar la jornada, un trozo de Tarta Sacher para recargar las pilas. 😀

……………………………………….

Total, que estas ruinas, foron encargadas polo kaiser e construídas no 1778 por Johann Ferdinand Hetzendorf von Hohenberg, que creou unha estrutura nova baseándose, como é lóxico, nun modelo xa existente.

É algo moi curioso, non vos parece?

Os arredores deste pazo son visita obrigada. E por suposto para finalizar a xornada, un trozo de Torta Sacher para recargar as pilas. 😀

Ponypolomundo_Tarta_Sacher