E como dicíamos onte…

Si, levo unha longa tempada sen escribir por aquí, pero iso non quere dicir que estivese quedo.

Teño moito que contar, así que pronto comezarei a estar moito máis activo para poder compartir con vós as miñas aventuras.

Pronto vou estar uns días de viaxe. Unha viaxe da que vos falarei moi pronto e para a que levo varios meses de preparativos.

…………………………………………………………

Sí, he estado una larga temporada sin escribir por aquí, pero no significa que me haya quedado quieto.

Tengo mucho que contar así que pronto empezaré a estar mucho más activo para poder compartir con vosotros mis aventuras.

Pronto estaré unos días de viaje. Un viaje del que os hablaré muy pronto y para el que hace varios meses que estoy de preparativos.

Pony_preparativos

Pero, a vida é unha viaxe en si mesma, non si?

Pouco a pouco…

Antes diso, quero comentarvos que últimamente coñecín lugares moi fermosos, non sen sufrir algún que outro contratempo claro… x_D

Por poñer o caso, dígovos que vai un par de días caín polo medio dunha silveira por mor do vento. Mamasiña! Crin que xa non o contaba. E todo por andar a monte para inmortalizar o momento.

E para que non digades que non vos conto nada, antes de despedirme quero falarvos do ciclo Vive o camiño, un roteiro espectacular que vai camiño a Santiago por lugares únicos do Camiño portugués.

……………………………………..

Pero, la vida es un viaje en sí misma, ¿no es así?

Poco a poco…

Antes de esto, quiero comentaros que últimamente he conocido lugares muy bellos, no sin sufrir algún que otro contratiempo claro… x__D

Por poner el caso, os diré que hace un par de días me perdí en medio de una cuneta por culpa del viento. Mamasita! Creí que no lo contaba. Y todo por andar a monte para inmortalizar el momento.

Y para que no digáis que no os cuento nada, antes de despedirme quiero hablaros del ciclo Vive o camiño, una ruta espectacular que discurre camino a Santiago por unos lugares de fábula del Camiño portugués.

Viveocamiño

Para este ciclo hai organizadas unha morea de actividades marabillosas que tratan de dar visibilidade a esta ruta, ao tempo que fomenta a cultura e a participación popular en localizacións clave desta viaxe.

Eu tiven o pracer de estar en dous deses lugares. Baiona e Mos.

No primeiro fíxenme moi amigo do fiel compañeiro de Anxo Moure, un home moi especial que nos falou dos segredos das árbores e da maxia do bosque.

Como non podía ser doutro xeito, o meu día rematou cun concerto precioso de Silvia Penide.

…………………………………………………….

Para este ciclo se han organizado un montón de actividades maravillosas que tratan de dar visibilidad a esta ruta al tiempo que se fomenta la cultura y la participación popular en localizaciones clave de este viaje.

Yo tuve el placer de estar en dos de estos lugares. Baiona y Mos.

En el primero me hice muy amigo del fiel compañero de Anxo Moure, un hombre muy especial que nos habló de los secretos de los árboles y de la magia del bosque.

Como no podía ser de otro modo, mi día finalizó con un concierto precioso de Silvia Penide.

Pony_Baiona_AnxoMoure

Ao seguinte día puiden disfrutar novamente dos meus novos amigos tamén en Mos, seguindo con outro dos lugares desta ruta. Alí, puiden coñecer un pazo precioso, cuxa xestión é levada grazas aos veciños do lugar. A hospitalidade e xenerosidade que atopei fixéronme sentir coma na casa.

……………………………………………………

Al día siguiente pude disfrutar nuevamente de mis nuevos amigos también en Mos, continuando con otro de los lugares de esta ruta. Allí, pude conocer un pazo precioso, que al parecer se gestiona gracias a gente del lugar. La hospitalidad y generosidad que me encontré me hicieron sentir como en casa.

Pony_Pazo_de_Mos

A vindeira semana voume achegar a un novo destino desta ruta: Soutomaior.

Xa vos contaréi. E xa vos adianto que pronto haberá post sobre a Costa da morte, o Camiño dos faros e outros lugares e xentes fermosas que atopei por eses lares.

OLLIÑO AVIZOR!

…………………………………………………….

La próxima semana me acercaré a un nuevo destino de esta ruta: Soutomaior.

Ya os contaré. Y os adelanto que pronto habrá post sobre a Costa da morte, o Camiño dos faros y otros lugares y gentes hermosas que me he encontrado por esos mundos.

ATENTOS!